Achegamos á xente de Vigo unha maravillosa iniciativa surxida en Lugo para facer memoria colectiva e poñer en valor as belezas e rincóns favoritos da nosa cidade

Estes días de corentena e illamento por causa da crise do coronavirus é um tempo perfeito para viaxar polos nosos recordos, para voar coa nosa imaxinación a eses lugares ós que iremos en canto todo isto pase. Un bo momento para facer memoria colectiva e tamén para poñer en valor as belezas e riquezas da nosa cidade.

É por iso que inspirados pola xenial iniciativa #LugoFavorito do noso compañeiro Guido Álvarez Parga (@guidoalvarezp), guía oficial de turismo en Lugo, queremos axudar a espallar esta fermosa acción e achegala a máis xente empezando pola nosa cidade. Tedes que escribir un texto dicindo cales son os vosos lugares favoritos de Vigo.

Guido, o criador da iniciativa, mandou xa o seu #VigoFavorito pois coñece ben Vigo e as Rías Baixas, así como algúns dos nosos visitantes máis ilustres.

O texto debe estar preferiblemente escrito en papel e a man para recuperar así este costume tan bonito e esquecido na nosa sociedade dixital actual, aínda que tambén podedes envialo ao noso email freetourvigo@gmail.com ou deixalo nesta páxina como un comentario.

Pode estar en galego, castelán ou cualquer idioma. O mellor é que tambén o publiquedes nas redes sociais para darlle máis visibilidade ao voso escrito e a acción. Neste caso publicade unha foto do texto empregando o hashtag #VigoFavorito

Anímate a participar nunha das iniciativa máis bonitas da corentena, escrebe un texto ou debuxa o teu lugar favorito, calquera é válido para fazer parte da nosa memoria colectiva que agora está creando outro capítulo máis como xa vimos no artigo Vigo otra vez en una cuarentena, que sin duda nos hará más fuertes.

Aínda non sabemos cando voltaremos ás rúas e a celebrar esas festan tan nosas coma a Reconquista, pero o que si estamos seguros é de que cousas como esta axudan a levar mellor o tempo de espera.

#VigoFavorito enviado por Juliia, de Ucrania, que vive en Vigo desde Octubre de 2019.
Se puede decir más alto, pero más bonito no creemos… Poético e industrial #VigoFavorito que nos envía Esther Almudena Fernández.
Gema Valado Fundín nos envía esta joya y nos llena de orgullo y satisfacción con sus palabras… ” ahi va todo el sentimiento .. gracias gracias y gracias por una labor maravillosa”.
Comments are closed.